Monday 20 de May de 2024

Unha empresa de inserción laboral acomete o mantemento da senda do río de artes


Os labores de desbroce principiaron o pasado luns

Dende o pasado luns operarios pertencentes á entidade Properdis, Empresa de Inserción Laboral, dependente da asociación Amicos, están a acometer os traballos de desbroce e mantemento na senda do río Arlés, Artes ou Sanchanás.

Esta acción foi encargada polo Concello o pasado 1 de xuño e inclúe a realización dun total de catro actuacións anuais de limpeza no curso baixo do río (ao longo dun tramo de 5 quilómetros) e tres no curso superior (2,5 quilómetros), sempre de forma paralela á senda peonil creada no marco do proxecto Riveira Atlántica.

Hoxe están no entorno do Muíño da Correa.

Retirada de ramas
De igual xeito, cómpre informar de que Augas de Galicia está a desenvolver pola súa parte unha acción consistente na retirada de árbores e ramas caídas no cauce do río ao longo de 4,9 kilómetros nas parroquias de San Martiño de Oleiros e San Xulián de Artes.